05/02/2025
Inauguración da exposición 'Entroidos tradicionais. Provincia de Ourense'
Ás portas do entroido, a Casa de Galicia en Madrid inaugura a exposición 'Entroidos tradicionais. Provincia de Ourense', organizada en colaboración coa Deputación de Ourense a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico). Trátase dunha mostra a toda cor de fotografías, traxes e elementos tradicionais.
A inauguración será o mércores 5 de febreiro ás 19:30 horas na sala Álvaro Cunqueiro, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
05 Febreiro 2025
Eventos