Inauguración da exposición fotográfica "JUANA DE VEGA, CONDESA DE ESPOZ E MINA (1805-1872). FACER NO SÉCULO"
A exposición está composta por 20 paneis nos que se destacan os aspectos máis relevantes da traxectoria vital desta ilustre coruñesa, progresista, avanzada á súa época e cunha gran sensibilidade social, que deixou unha pegada indeleble tanto na cidade da Coruña como en toda Galicia. Juana de Vega foi a muller con maior relevancia política na España do século XIX; unha posición impulsada pola súa personalidade e carácter, as súas fortes conviccións e por un contexto social que recollía as ideas liberais chegadas do norte de Europa. A súa figura representa, ademais, a importancia da sociedade civil na Coruña e o papel do liderado feminino nese ámbito.
A mostra poderá visitarse desde o 5 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2024, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 horas.
Participarán no acto inaugural: Enrique Sáez Ponche, presidente da Fundación Juana de Vega; e Gustavo Hervella García, coordinador e documentalista da exposición.