Inauguración da exposición fotográfica "Os CAMIÑOS DE ELÍAS VALIÑA" e estrea da curtametraxe documental "ELÍAS VALIÑA, O INVENTOR DAS FRECHAS AMARELAS"
Despois da inauguración da exposición, que contará coa participación de José Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, terá lugar a estrea do documental que, con 40 minutos de duración, repasa a vida e a obra de Elías Valiña, cura de Ou Cebreiro que xogou un papel esencial como precursor do asociacionismo xacobeo, pioneiro nos estudos e na sinalización do Camiño de Santiago, así como un actor fundamental no renacemento contemporáneo do fenómeno das peregrinacións a Santiago de Compostela.
Elías Valiña Sampedro nace no ano 1929 en Sarria na parroquia de Lier. Con 12 anos entra a estudar no Seminario de Lugo onde finaliza os estudos en 1953. Para completar a formación estuda na Facultade de Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Comillas acabando os estudos en 1959, o mesmo ano no que é destinado ao concello de Pedrafita facéndose cargo da igrexa de Santa María do Cebreiro. Morre en 1989, antes de poder ver todos os froitos do seu traballo co rexurdimento do fenómeno xacobeo.
En Ou Cebreiro fai un labor de dinamización da comarca buscando mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, ao mesmo tempo que axuda aos poucos a peregrinos que nese momento pasan polo Cebreiro cara a Santiago e comeza o soño do Camiño. Segundo vai pasando o tempo, Elías Valiña convértese no principal investigador e divulgador do Camiño de Santiago, recuperando tramos perdidos polo paso do tempo e realizando as primeiras cartografías dos roteiros e as primeiras guías para axudar aos peregrinos, marcando xa desde Roncesvalles o camiño establecido con frechas de cor amarela para facilitar as peregrinacións.
Valiña é o autor da primeira tese de doutoramento sobre o Camiño de Santiago, coa que gaña o Premio Nacional de Investigación e o promotor e impulsor das primeiras asociacións xacobeas, nos anos oitenta do século pasado, o xerme das case 300 asociacións de amigos dos Camiños de Santiago que hai hoxe no mundo.
Más información na web www.eliasvaliña.gal.