Inauguración da exposición "PASADO-PRESENTE-FUTURO" 50 Aniversario 1970-2020 da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón (Lugo)
Con esta mostra a Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón pretende conmemorar a súa fundación. Son 50 anos de actividade docente e artística, con importantes achegas culturais e sociais e, ao mesmo tempo, queren homenaxear a todas aquelas persoas da comunidade educativa que percorreron a súa aulas e talleres, mostrando anacos do seu pasado e do seu orgulloso presente e proxectándoa cara a un futuro cheo de ilusión e esperanza. Esta exposición da historia creativa do centro está elaborada polos seus titulados, hoxe profesionais das artes e do deseño, que tras darse a coñecer en Lugo, trasládase en parte á Casa de Galicia en Madrid.
A mostra, que está composta por obras de distinto formato entre as que se atopan pezas cerámicas, gravados calcográficos, serigrafías, deseños gráficos ou de espazos interiores, poderá contemplarse ata o 4 de xaneiro de 2024 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 horas.
No acto de inauguración intervirán Ramón M. Cabarcos Rodríguez, director da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, e Javier Arias Fouz, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo.