Inauguración da exposición "Pingas Gravados", de MANOEL BONABAL.

Eventos
09/11/2012
09/11/2012
11/09/2012

Inauguración da exposición "Pingas Gravados", de MANOEL BONABAL.

-

A través dunha serie de obras de gran forza poética e plástica, Manoel Bonabal introdúcenos no gravado, para amosarnos esas “pingas”, esas presenzas que conforman a súa propia identidade, que nos indican o camiño e o seu mundo interior. A exposición poderá visitarse ata o 30 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

A Casa de Galicia en Madrid acolle durante o mes de setembro “Pingas gravados”, unha proposta moi particular na que o artista compostelán Manoel Bonabal mostra gravados coa temática da choiva.

“Pingas”  xorde nas rúas de Compostela como resposta a un interrogante, o da identidade. Son un reflexo do autor, da súa cidade, dunha cidade que é auga, como auga son os seus habitantes e como pingas son tamén as que dan nome á exposición e que conforman ese signo de identidade que aparece en todas as obras do autor.

O proceso de traballo é esencial para Manoel Boanabal. O nacemento dunha idea, a linguaxe das pranchas é o resultado final, compleméntanse formando unha única obra, un quebracabezas que reinventar.

Papeis perforados, cruces, resgados, elementos matéricos, transparencias; déixannos intuír a influencia doutros creadores como Tapies, Millares ou Lucio Muñoz.

Colores negras, azuis na súa maioría, salpicadas nalgúns momentos doutras máis luminosas  nun xogo continuo de insinuacións.

Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1961. Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da súa cidade e completou a súa formación no estudio de escultura do seu pai Manuel Barreiro Moratalla.

Imparte talleres de MailArt (arte postal) e promove as convocatorias e as súas exposicións (a IV edición realizada no Centro Galego de Arte Contemporánea). (Obtén o 1º Premio de votación popular no I Roteiro de Creación Contemporánea-Santiago de Compostela).

Estancia becada no Museo de Arte Contemporánea da Bienal de Cerveira (Portugal) para realizala no seu taller a obra “O Bicho” (Ravar).

Dedícase profesionalmente á pintura e ao gravado. O seu labor artístico desenvólvese desde hai máis de vinte anos especialmente na Arte Postal. É compoñente do grupo Ravar (constituído por artistas do gravado).

11 Setembro 2012
Eventos