Inauguración da programación 'Capital industrial. Galicia'

Eventos
11/05/2024
11/05/2024
05/11/2024

Inauguración da programación 'Capital industrial. Galicia'

A Casa de Galicia abre unha fiestra á realidade económica do país, co sector naval como eixo condutor

A Casa de Galicia inaugura o martes 5 de novembro ás 19:30 horas a nova programación, que estará centrada na economía e na industria. O sector naval, que achega un 5% ao produto interior bruto galego, protagonizará a exposición elaborada por PYMAR e que estará instalada na Sala Emilia Pardo Bazán. O programa 'Capital industrial. Galicia' pon o foco tamén no turismo industrial. Un dos principais referentes é a Ruta da Construción Naval de Ferrol, que estará presente na Sala Álvaro Cunqueiro. No mesmo espazo estará a mostra da bodega Paco & Lola, outro exemplo de turismo industrial, neste caso coa distinción do Q de Calidade Turística. A visita á Casa de Galicia permitirá coñecer outras propostas de turismo industrial, e afondar máis na realidade económica de Galicia.   

 

05 Novembro 2024
Eventos
Imaxes