Inauguración da programación ‘La mar de buena. Galicia’ e presentación da campaña 'Galicia sabe Amar'
A presentación da campaña ‘Galicia sabe Amar’ marcará o inicio da programación da Casa de Galicia en Madrid do mes de decembro. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dará a coñecer esta iniciativa coa que a Xunta de Galicia promove o consumo de peixe e doutros produtos do mar.
A pesca e as actividades do mar protagonizan ‘La mar de buena. Galicia’, que inclúe a exposición de artes de pesca en miniatura ‘pescARTE’ e a mostra ‘Enredadas’, un proxecto impulsado por Artesanía de Galicia para que as mulleres redeiras poidan diversificar a súa actividade e xerar ingresos adicionais.
A inauguración terá lugar o mércores 4 de decembro ás 19:30 horas, con entrada libre ata completar a capacidade da sala Emilia Pardo Bazán. Os horarios de visita son de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas. Pode solicitar máis información no seguinte número de teléfono: 915 95 42 00.