06/11/2024
Julia Ures presenta na Casa de Galicia unha tradución ao castelán dos poemas de Pondal
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro "Eduardo Pondal. Poemas", unha tradución da obra do autor do Himno galego realizada por Julia Ures. No acto intervirá a directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense, Carmen Mejía Ruiz, quen pronunciará un relatorio sobre "Eduardo Pondal, unha figura imprescindible nas letras galegas". Tamén tomará a palabra o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, e o autor do estudo preliminar, Miguel Losada. A música Sara Varela será a encargada de pechar o acto coa interpretación do Himno galego.
06 Novembro 2024
Eventos