Mesa Redonda "FRAGA VISTO POLOS SEUS BIÓGRAFOS"

Eventos
03/14/2012
03/14/2012
14/03/2012

Mesa Redonda "FRAGA VISTO POLOS SEUS BIÓGRAFOS"

-

Os xornalistas e escritores Miguel Platón, Fernando Jáuregui e Pilar Falcón, ofrecerán un rigoroso retrato profesional e humano da figura de D. Manuel Fraga, nun coloquio organizado polo Club de Periodistas Gallegos en Madrid.

MIGUEL PLATÓN (Melilla, 1949). Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Especializado no xornalismo de actualidade política, participou en faladoirosde diversos medios. Foi xefe de Política Nacional da revista Época e director de Información da Axencia EFE. Así mesmo, é conselleiro de Telemadrid.

Esribiu numerosos libros sobre a política española e a ameaza nacionalista; pero neste caso cabe salientar unha biografía de Manuel Fraga, publicada en 1992, titulada: "Manuel Fraga. La divertida biografía de un gallego incombustible".

FERNANDO JÁUREGUI (Santander, 1950). Licenciado en Xornalismo e Dereito pola Universidade de Madrid. Iniciou a súa carreira xornalística en EuropaPress e traballou para numerosos xornais. Foi corresponsal da Axencia EFE na ONU en Xinebra e de Pyresa en Lisboa. Foi subdirector de informativos de Tele5 e traballou na COPE e RNE. Dirixe a revista Más-Más e Diario-Crítico.com.

O xornalista seguiu activamente a Fraga en gran parte da súa vida política, e con el mantivo numerosas entrevistas persoais onde revela a cara máis descoñecida do que fora ministro de Franco e un dos pais da Constitución. Todo iso queda reflectido nos seguintes libros: "La derecha después de Fraga" (1987), "Cinco horas y toda una vida con Fraga" (2004), "Manuel Fraga, historia de un fracaso admirable" (2005) e "Elogio a Fraga de un antifraguista. La sexta hora que no pude pasar con Fraga", de recente publicación, onde rende homenaxe ao veterano político.

PILAR FALCÓN, xornalista, profesora e escritora, foi elixida nova presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid.  É doutora en Ciencias da Información e diplomada en Marketing e Publicidade. Formou parte do equipo fundador dos Servicios Informativos da Televisión de Galicia e de Onda Madrid. Ademais de dirixir e presentar o programa "Toma nota", de Telemadrid, colabora habitualmente en tertulias de radio e televisión.  É profesora de Historia do Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e autora de varios libros. Destaca "Fraga y Galicia" (2002), onde consegue desentrañar en Fraga y Galicia as claves íntimas da última etapa da carreira política do enérxico dirixente, marcada especialmente pola súa orixe galega.

14 Marzo 2012
Eventos