Mesa Redonda "GALICIA POLO MUNDO-MEIGAS SAVE THE TALENT", por Ana Simoneta, Elías Casado e Emilio Froján
Que competencias están a desenvolver hoxe os mozos? Cales necesitarán? Estamos preparados para o era 4.0?
Expertos en talento novo cóntannos as claves para ser capaces de achegar valor á sociedade nunha etapa de constante cambio.
Como hai que formarse? Serve de algo a Universidade? Que consideran as empresas talento top?
Veremos estes temas con Ana Simoneta, expresidenta de AIESEC, a maior organización de novos líderes do mundo con presenza en 134 países e máis de 100.000 membros; actualmente é coordinadora de Proxectos na Organización de Estados Iberoamericanos; Elías Casado, director de Talento en NOVA, a maior plataforma de talento top de Europa; e Emilio Froján, Vehicle Operations Manager en VOI, a maior plataforma de micromobilidade de Europa e co-fundador do Instituto Galego do Talento (Comunidade de mozos profesionais galegos presente en 6 países).