Mesa Redonda "HOMENAXE A GONZALO TORRENTE BALLESTER"
Esta homenaxe ao autor ferrolán ten como principal obxectivo lembrar e comentar a extraordinaria obra literaria de Torrente Ballester, poñendo de relevo a súa prodixiosa imaxinación e talento fabulador despregados na invención de mundos fantásticos nas súas novelas máis importantes e resaltar as súas achegas fundamentais, sobre todo no campo da novela e con referencias a outros xéneros, que o sitúan nun lugar de privilexio na literatura española da segunda metade do século XX e tamén na historia da literatura europea en xeral. Así o consideraba o Premio Nobel portugués José Saramago cando escribiu do seu colega español que "o lugar á dereita de Miguel de Cervantes Saavedra, autor do Quixote, vacante durante séculos, fora ocupado por Gonzalo Torrente Ballester, autor de "La saga/fuga de J.B.".
Intervirán na Mesa Redonda do 6 de febreiro:
- Luis Mateo Díez. Académico da RAE. Premio Cervantes.
- Marcos Giralt Torrente. Premio Nacional de Narrativa.
- José Mª Merino Sánchez. Académico da RAE. Premio Nacional das Letras Españolas.
- Ángel Basanta. Presidente de Honra da Asociación Española de Críticos Literarios. Actuará de moderador.
Intervirán na Mesa Redonda do 7 de febreiro:
- Darío Villanueva Prieto. Catedrático de Universidade. Ex director da RAE.
- Miguel Viqueira Niel. Catedrático da Universidade de Lisboa.
- Carmen Becerra Suárez. Profesora da Universidade de Vigo.
- César Antonio Molina Sánchez. Xornalista, profesor de Universidade e ex ministro de Cultura. Coordinará a mesa.
- José Antonio Ponte Far. Concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol. Presentará o acto.