Mesa Redonda "O CELTISMO E A IDENTIDADE DO POBO GALEGO".
Este acto contará coa colaboración dos "Amigos da Cultura Celta", colectivo que xurdiu dentro da Orde da Vieira para potenciar e difundir o coñecemento das raíces celtas de Galicia así como para estreitar os lazos con outros poblos de orixe celta.
O celtismo constituiu unha das referencias fundamentais da construción da identidade de Galicia. No contexto do Rexurdimento cultural do século XIX, a vindicación de Galicia como país celta maniféstase na obra de autores como Verea y Aguiar, Martínez Padín ou Benito Vicetto que sinalaron a cultura celta como elemento central da identidade galega. Sen embargo, foi Manuel Murguía na súas obras "Historia de Galicia" (1865) e "Galicia" (1888) quen reivindicou o celtismo como o compoñente histórico máis característico da personalidade de Galicia. No primeiro tercio do século XX, Vicente Risco será o principal continuador desta tradición atlantista e celtista na ideación da nacionalidade galega.
A existencia dalgúns paralelismos culturais entre os distintos países do Fisterre europeo animou a identificación de Galicia aos países celtas. A preeminencia da cultura castrexa e dalgúns dos elementos compartidos coas culturas célticas da Idade de Ferro reforzaron a vinculación coas nacións atlánticas onde historicamente se asentaron as tribus celtas.
Este acto contará coa participación de pretixiosos intelectuais expertos no celtismo: Antonio Bonet Correa, director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando; Alberto José Lorrio Alvarado, catedrático de Prehistoria na Universidade de Alacante; e Martín Almagro Gorbea, anticuario da Real Academia da Historia, quen será o encargado de moderar a Mesa.
O acto finalizará coa cerimonia de entrega de distincións a destacados celtólogos.