Mesa Redonda "A PATOLOXÍA DOS POLÍTICOS", con motivo da publicación do libro escrito por Enrique Santín Díaz

Eventos
11/13/2013
11/13/2013
13/11/2013

Mesa Redonda "A PATOLOXÍA DOS POLÍTICOS", con motivo da publicación do libro escrito por Enrique Santín Díaz

-

O descrédito que sofren a política e os políticos levou ao lucense Enrique Santín a realizar unha análise exhaustiva dos seus vicios e unha guía das virtudes que serían desexables. Deste tema falarase nunha Mesa Redonda na que participarán José Ramón Ónega López, escritor e Delegado da Xunta en Madrid; Alfonso S. Palomares, escritor e xornalista; e Carlos G. Reigosa, escritor e xornalista.

Enrique Santín Díaz acaba de publicar unha obra editada por Ibersaf "La patología de los políticos". Afronta, pois, un dos asuntos máis candentes e de máxima prioridade para a nosa sociedade actual: a patoloxía dos políticos e a necesidade perentoria de rexeneración. Desde unha perspectiva humanista e racional, analiza con singular agudeza os males ou enfermidades da comunidade política presente. Sobre este tema de actualidade versará a Mesa Redonda.

A orixinalidade do punto de vista do autor é un dos ragos fundamentais. Enrique Santín achega a persoa do político ao lector a través do símil do corpo humano e, con esta perspectiva, vai diseccionando pormenorizadamente todos os rasgos da súa personalidade: as súas virtudes e os seus defectos, as súas fortalezas e as súas debilidades. E é desde esa actitude de comprensión e tolerancia, pero en absoluto de condescendencia e permisividade desde onde coloca o máis alto nivel de esixencia e ética.

Finalmente reivindica a figura do político na sociedade. Con independencia do saldo positivo ou negativo que arroxe o balance da súa xestión, a súa influencia nas nosas vidas é tan innegable como inevitable. Ninguén pode substraerse ás consecuencias da acción política; eles marcan as pautas de comportamento, as leis que marcan as políticas impositivas, educativas, laborais...

13 Novembro 2013
Eventos
Imaxes