Mesa Redonda "PRIMEIRAS PÁXINAS DA HISTORIA DE FILIPINAS", acerca do libro do mesmo título do escritor e xornalista José R. Rodríguez

Eventos
01/14/2015
01/14/2015
14/01/2015

Mesa Redonda "PRIMEIRAS PÁXINAS DA HISTORIA DE FILIPINAS", acerca do libro do mesmo título do escritor e xornalista José R. Rodríguez

-

No coloquio participarán, ademais, os escritores e xornalistas Alfonso S. Palomares e Carlos G. Reigosa, durante o cal darán repaso á historia, política e sociedade de Filipinas a través das portadas dos seus xornais que tan coidadosamente seleccionou e recompilou no seu libro José R. Rodríguez.

A Mesa Redonda toma como referente o libro de José Rodríguez "Primeras páginas de la historia de Filipinas", unha selección das portadas da historia deste país que reflicte cómo escritores e xornalistas da época informaron sobre os asuntos e eventos máis relevantes do arquipélago: desde a época colonial española, a chegada dos americanos, a ocupación dos xaponeses, o establecemento da República de Filipinas de 1946 aos anos da lei marcial e a posterior restauración da libertade de prensa.

É un testemuño visual de episodios importantes da historia que tanto investigadores, como historiadores e estudantes poden facer uso para comprender a transformación dun pobo.

José R. Rodríguez foi director da Academia Filipina da Lingua Española. É doutor e máster en Administración de Empresas pola Universidade de Newport e doctor honoris causa en Humanidades polas universidades de Manila, St. Mary"s University e Western Mindanao State University. Dedicou a maior parte da súa carreira profesional ao xornalismo na rexión de Asia-Pacífico, onde foi delegado Xeral da Axencia EFE e responsable do seu Servizo Internacional de Inglés en Manila. Foi director de Relacións Institucionais do grupo Unión Fenosa en Asia-Pacífico. Foi director do Instituto Cervantes de Manila. Fundador e director do semanario en español Crónica de Manila, foi o primeiro xornalista europeo nomeado presidente do Club de Prensa de Manila. É autor de Crónicas (2000), Philippine First Ladies Portraits (2003) e Primeras páginas de la historia de Filipinas (2014), e está preparando a colección Clásicos de la Literatura Hispano-Filipina. Escribiu, xunto ao historiador filipino Lino L. Dizon, o libro Cruceiro-Spanish Galicia at Some Crossroads in Philippine History and Culture (1521-1898).

Alfonso S. Palomares é licenciado en Dereito e Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos cargos en xornais e revistas de España. Fundou a axencia Radial Press e foi comentarista de política internacional en Sábado Gráfico e Cambio 16. En 1973 fundou e dirixiu a revista Ciudadano e despois dirixiu Posible e Leer. Foi comentarista de política internacional en El Periódico de Cataluña, e foi nomeado presidente da Axencia EFE en 1986. En 1997 incorporouse ao Grupo Zeta como director de Relacións Internacionais e asesor editorial, e comentarista político da revista Tiempo e El Periódico de Cataluña. En 2001 foi nomeado director do Diario de Córdoba e editor de Onda Mezquita, e en setembro dese mesmo ano asumiu o cargo de presidente do Consello Social da Universidade de Córdoba. Director da Casa de Galicia, en Madrid (2006), foi presidente da Xunta Consultiva do Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés e recibiu varios premios, incluíndo o Celanova, Casa dos Poetas (2008).

Carlos González Reigosa é licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Foi redactor da axencia EFE desde 1974, onde exerceu de director de información e director de publicacións. É autor de multitude de artigos de crítica literaria, teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas españolas como americanas. Publicou as novelas "Oxford, amén" (1982), "Crime en Compostela" (1984), "O misterio do barco perdido" (1988), "A guerra do tabaco" (1996), "Narcos" (2001) e "Intramundi" (2002).

14 Xaneiro 2015
Eventos
Imaxes