Presentación da 2ª edición do libro "ILUSTRES XURISTAS GALEGOS", de Carlos Lema Devesa, presidente de IURISGAMA

Eventos
07/10/2024
07/10/2024
10/07/2024

Presentación da 2ª edición do libro "ILUSTRES XURISTAS GALEGOS", de Carlos Lema Devesa, presidente de IURISGAMA

Este acto estará presidido por Pedro Rollán Ojeda, presidente do Senado.

A través desta obra Carlos Lema recolle as presentacións que, como presidente de IURISGAMA, tivo a oportunidade de efectuar nos actos de concesión dos Premios Montero Ríos, que se outorgan desde o ano 1995 a un xurista galego que consagrase a súa vida ao mundo do Dereito.

O libro, patrocinado polo Parlamento de Galicia, foi prologado polo seu presidente, Miguel Santalices Vieira, que destaca o merecido desta iniciativa  ao honrar a memoria de xuristas ilustres que alcanzaron a excelencia facendo gala da súa condición de galegos e por convidarnos a recoñecer o papel fundamental do dereito como garante da convivencia e o correcto funcionamento da sociedade.

A obra inclúe a dezanove premiados, comezando polo I Premio Montero Ríos 2000, outorgado a Manuel Fraga Iribarne, e terminando co XX Premio Montero Ríos 2021, concedido a Luis Rodríguez Ennes.

Ao final do acto farase entrega dun exemplar do libro aos asistentes.

10 Xullo 2024
Eventos
Participantes
Carlos Lema Devesa, presidente de IURISGAMA
Pedro Rollán Ojeda, presidente do Senado
Argimiro Vázquez Guillén, editor do libro
Imaxes