Presentación da Credencial do Peregrino de Lugo a Santiago de Compostela para o Camiño Primitivo, promovida pola Asociación Lugo Monumental, Bispado de Lugo e La Voz de Galicia

Eventos
11/16/2015
11/16/2015
16/11/2015

Presentación da Credencial do Peregrino de Lugo a Santiago de Compostela para o Camiño Primitivo, promovida pola Asociación Lugo Monumental, Bispado de Lugo e La Voz de Galicia

-

A asociación, coordinada co Bispado de Lugo e o apoio de La Voz de Galicia, prepara unha campaña denominada "Lugo, Puerta del Camino" que quere converter a cidade amurallada en referente para ser o punto de inicio da máis antiga das rutas xacobeas.

No acto de presentación asistirán o bispo de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, o presidente da Asociación Lugo Monumental, Luis Latorre Real, e o delegado de La Voz de Galicia en Lugo, Miguel Ángel Cabana Aguiar.

Lugo é a primeira cidade do Camiño Primitivo desde a que se pode conseguir a Compostela, por estar a 101 quilómetros da cidade, xa que desde 1993 impúxose a necesidade de completar polo menos 100 quilómetros para poder obtela. Lugo Monumental pretende que Lugo sexa un centro de partida de peregrinos cara a Santiago igual que o é por exemplo Sarria na ruta francesa.
 
A credencial que poñerá en circulación a asociación Lugo Monumental está deseñada polo artista lucense Chencho Pardo, cuxa obra é moi característica e que ilustrou habitualmente moitas campañas relacionadas coa cidade e que, nesta ocasión, colaborou de maneira xenerosa e desinteresada no proxecto. A cartolina poderase comprar en Lugo por 50 céntimos, e esa recadación entregaraa a asociación Lugo Monumental a Cáritas. O peregrino dispoñerá desa credencial de especial deseño para ir cubríndoa nas respectivas etapas do camiño primitivo entre Lugo e Santiago, e ao chegar ao Obradoiro poñeranlle o selo que certificará a validez da Compostela.
 
A credencial de Lugo recollerá as seis etapas do camiño desde Lugo ata Santiago: San Román da Retorta, Merlán, Boente, O Empalme e Santiago.
 
Lugo Monumental, que preside Luis Latorre, busca desenvolver na cidade unha campaña colectiva, á que convida a todas as administracións e entidades para que se publicite a cidade, que conta con distintivos especiais pouco explotados. Un deles é que Lugo é a cidade do Sacramento: o cáliz e a ostia do escudo de Galicia son os de Lugo. Iso converte a cidade nun punto de partida ideal para facer unha peregrinación de catedral a catedral.
16 Novembro 2015
Eventos