Presentación da edición española de "Camiño bretemoso", de Xosé Neira Vilas

Eventos
06/12/2023
06/12/2023
12/06/2023

Presentación da edición española de "Camiño bretemoso", de Xosé Neira Vilas

A editorial alhenamedia publicou o pasado 9 de maio o título "Camino nebuloso", de Xosé Neira Vilas, con prólogo de María Luz Barreiro Otero. Esta é a primeira vez que se publica este título en castelán en España, aínda que se editou en castelán por primeira vez en 1961 na Habana.

Na presentación participarán, ademais do director da Casa de Galicia, Juan Serrano; Clara García Vila, profesora do Centro de Estudios Gallegos da UCM  e Francisco Bargiela, director da editorial Alhenamedia.

Xosé Neira Vilas (1928-2015) é un dos grandes escritores galegos. A súa obra "Memorias dun neno labrego" está considerada unha das obras mestras da literatura galega. A súa vida dedicada a Galicia e a escribir en galego, fixéronlle merecedor de numerosos recoñecementos, entre os que destacan o ser nomeado membro da Real Academia Galega ou Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

Xosé Neira narra en "Camiño bretemoso" a historia de dous emigrantes galegos que viaxan a terras arxentinas en busca de riqueza, pero que, como moitos, non o conseguen. Unha novela dura e dramática que segue a vida de angustia, incertidumes, pobreza, desarraigamento e illamento do seu protagonista.

12 Xuño 2023
Eventos
Imaxes