05/06/2025 - 05/06/2025
Presentación da Festa da Rosa de Mos
O Concello de Mos presenta na Casa de Galicia en Madrid a Festa da Rosa de Mos, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A presentación terá lugar o xoves 5 de xuño ás 12,00h. na sala Emilia Pardo Bazán e contará cunha exhibición das Palilleiras de Mos e coa degustación de empanadas típicas de millo a cargo das Mulleres Rurais de Mos.
Para poder asistir é imprescindible confirmar asistencia no enderezo electrónico: alcaldia@concellomos.es xa que a capacidade da sala é limitada.
05 Xuño 2025
-
Eventos
Sala
Sala Emilia Pardo Bazán