Presentación da Fundación VAC-AN e Legado de Vázquez Cereijo-Anne Nikitik

Eventos
02/01/2024
02/01/2024
01/02/2024

Presentación da Fundación VAC-AN e Legado de Vázquez Cereijo-Anne Nikitik

Este evento pretende dar a coñecer os obxectivos e propostas da Fundación e poñer en valor o legado de José Vázquez Cereijo e da súa viúva Anne Nikitik.

José Vázquez Cereijo deixou un legado de sorprendentes proporcións. Non só a súa pintura, a maiores unha inmensa colección de obra gráfica, a súa poesía, unha extensa biblioteca abarcando revistas e edicións de libros de varios séculos e a súa colección particular de arte. Cadros, escultura... pezas de artistas galegos como Colmeiro, Corredoira, Maruja Mallo, Seoane, Tino Grandío por nomear algúns e internacionais como Francis Bacon, Georges Braque, Picasso, Dalí... El vivía exclusivamente pola arte, e pola cultura en todos os seus contextos.

Máis aló diso, a súa colección de preciosas minucias, xoguetes antigos, postais que datan do século XIX, cerámicas, tecidos, obxectos arqueolóxicos, relixiosos. Un todo o que conforma un gabinete así como curiosidades que reflicte un pasado que José Vázquez empeñábase en conservar.

A extensión da traxectoria artística e cultural de José Vázquez Cereijo queda patente á vista da súa obra e colección, de quen quizá sexa o artista lucense máis recoñecido na súa época a nivel nacional e internacional.

O percorrido desta traxectoria materialízase través de dúas canles: a súa obra e a súa colección persoal. Estes son os alicerces do seu legado que fan que a súa viúva, Anne Nikitik, acometa a tarefa de divulgalo e analizar a súa relevancia dando lugar á creación de proxecto fundacional VAC-AN con sede no barrio da Milagrosa, en Lugo.

O fin esencial da Fundación é o de conservar e difundir o legado do artista a través desas dúas canles: a súa obra e a súa colección privada; tanto nos aspectos artísticos como intelectuais ou biográficos dentro do contexto situacional da arte e da cultura galega do século XX e XXI.
 

01 Febreiro 2024
Eventos
Participantes
Anne Nikitik, presidenta da Fundación VAC-AN
Menchu Lamas, artista
Andrés Trapiello, escritor e editor
Miguel Villarino, artista e editor
Juan Manuel Bonet, crítico de arte
Imaxes