Presentación da GUÍA ILUSTRADA DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, publicada por El patito editorial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a historiadora Marta González Vázquez; o ilustrador Joaquín González Dorao; e a editora Gemma Sesar participarán na presentación desta guía.
A Guía Ilustrada da Catedral de Santiago é un traballo minucioso e exhaustivo no que se quere mostrar este monumento a través da súa historia e da súa arte.
Para iso, contouse con Joaquín González Dorao, ilustrador gaditano cunha longa traxectoria publicando coas mellores editoriais de viaxes, como Lonely Planet ou a turca Boyut; e a medievalista galega Marta González, que escribiu numerosos estudos e libros sobre a peregrinación a Santiago.
Os traballos de ambos autores únense nesta guía de forma natural, ofrecendo ao público, unha visión actual da Catedral e os seus arredores, nunha coidada edición de oitenta e catro páxinas, a todo cor e tapa dura, que se publica agora en castelán e galego, e que se ampliará en breve ao inglés e xaponés. Un libro necesario para o visitante e imprescindible para todos aqueles que queiran coñecer mellor o primeiro monumento de Galicia.