Presentación da novela AMOR EN UN CAMPO DE MINAS, de Milagros Frías, editada por Algaida
Milagros Frías, periodista e vinculada ao sector editorial, aposta novamente pola imaxinación e a aventura para exorcizar os fantasmas do tempo que converten en memoria ata o pasado máis próximo. Acompañarán á autora os escritores Clara Sánchez e Fernando Marías.
"Amor en un campo de minas" é unha novela emocionante e misteriosa, desde o seu sorprendente inicio ata o seu inesperado desenlace. Personaxes inesquecibles, viaxes imprevistos e sentimentos contraditorios estimularán a maneira en que Sofía encara un destino adverso.
Unha rutinaria viaxe en compañía dun amigo converte unha apacible tarde primaveral nunha noite de pesadelo. Sofía logrará saír aparentemente indemne, porque en todo campo de batalla ata o vencedor deixa algo de si mesmo, pero tamén descubrirá a súa verdadeira forza, as súas ganas de vivir e, sobre todo, a decisión de empezar de novo. E será Areses, un home sedutor e enérxico, case un descoñecido, o artífice do cambio. Sofía acepta a man tendida aínda que non está completamente segura ...
Esta novela segue a estela de "El verano de la nutria", ganadora da XXI edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester que tivo unha excelente acollida crítica. Con anterioridade, a autora publicou: "La sal de la Vida", "Ars Amandi", "Paisaje de Invierno" e "La alambrada de Levi".