Presentación da novela "La batalla de las especias. En la muerte de Juan Sebastián Elcano", de Luis Mollá

Eventos
03/03/2022
03/03/2022
03/03/2022

Presentación da novela "La batalla de las especias. En la muerte de Juan Sebastián Elcano", de Luis Mollá

O Capital de Navío da Armada, Luis Mollá, presenta a súa nova novela publicada pola editorial Almuzara, na que relata a descoñecida expedición de Juan Sebastián de Elcano e García Jofre de Loaísa na que se trataba de dar unha segunda volta ao mundo en 1525, cando só transcorreran tres anos da primeira.

Unha expedición moito máis ambiciosa e que veu precedida pola que realizaron Magallanes e Juan Sebastián Elcano coa nave Victoria, cuxo éxito alentou esta segunda iniciativa real que saíu da Coruña en xullo de 1525, e que acabou chea de infortunios e coa vida de Loaísa e Elcano, quen atopou a morte en augas do Pacífico.

No acto de presentación acompañará ao autor, o Capitán de Navío Manuel Zafra Caramé.

“La Batalla de las Especias” é a segunda parte da novela “La flota de las especias” na que se relata a primeira expedición española ao Pacífico en busca das illas das especierías, coa que Juan Sebastián de Elcano logrou completar a primeira volta ao mundo da historia da humanidade a tras a morte de Fernando de Magallanes nas Filipinas. Con estas dúas expedicións que son tratadas en ambas as novelas, sentan as bases do fenómeno coñecido actualmente como Globalización. Esta segunda parte vén como consecuencia do anhelo do autor por pechar a historia de Juan Sebastián de Elcano, tendo a necesidade de contar como foi o final do gran mariño e explorador español, relatando a tecnoloxía empregada na época, os descubrimentos alcanzados e os enormes sacrificios que deberon acometerse para lograr o éxito nesta gran empresa.

Luis Mollá, natural de Tarifa (Cádiz), é Capitán de Navío da Armada, piloto naval e diplomado de Estado Maior. En 2004 obtivo o premio Nostromo de narrativa marítima coa novela "El veneno del escorpión", galardón que obtivo por segunda vez en 2008 con "La Séptima Ola". En 2005 gañou o premio Almirante Oquendo pola súa obra "Morir y vivir en el mar". En 2007 a Armada concedeulle o premio Virxe do Carmen de novela por "La tumba de Tautira". En 2010 obtivo o premio “Relatos del Mar” por "Sudario de hielo" e en 2012 quedou finalista do mesmo concurso con "La tumba 116". En 2017 volveu gañar o Almirante Oquendo con "La leyenda del paso del Noroeste", e ese mesmo ano obtivo o premio literario que anualmente convoca o Exército do Aire con "Alas de Ángeles". Tamén en 2017 publicou con Almuzara "La flota de las especias" e en 2018, "El Almirante", unha biografía novelada de Blas de Lezo. En 2019, sempre xa con Almuzara, publicou "Eso no estaba en mi libro de Historia de la Navegación" e en 2020 "El Señor de los Mares", biografía novelada de Álvaro de Bazán. "Islas lejanas" é a súa décimo cuarta novela. É asiduo conferenciante de temas relacionados co mar e colaborador con numerosos artigos xornalísticos en distintos medios de prensa e programas de radio e televisión.


 

03 Marzo 2022
Eventos
Imaxes