Presentación da novela "La flor antigua", de Arturo Franco Taboada, publicada por Pigmalión Ediciones

Eventos
06/07/2012
06/07/2012
07/06/2012

Presentación da novela "La flor antigua", de Arturo Franco Taboada, publicada por Pigmalión Ediciones

-

O autor, Doutor en Arquitectura e docente universitario, presenta a súa segunda novela, que transcorre entre os séculos XVI e XVII nunha cidade colonial de Nicaragua. Nela recrea unha historia de amor que tracende o tempo e o espazo. O acto contará coa presenza de José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado; César Antonio Molina, presidente da Fundación Sánchez Ruipérez; José Manuel Otero Lastres, catedrático na Universidade de Alcalá de Henares e escritor; e Basilio Rodríguez Cañada, editor e escritor.

Doutor en Arquitectura, docente universitario e autor de edificios emblemáticos como o centro de control dos túneles de Pedrafita, Arturo Franco Taboada leva anos compaxinando arquitectura e literatura.

O xoves, 7 de xuño, ás 20:00 horas, presenta a súa nova novela ambientada nunha cidade colonial de Nicaragua destruída polo volcán Momotombo.

Trátase dunha novela que ten unha documentación histórica detrás. Menos o personaxe principal, Antonio Espinosa, todos os demais existiron e están documentados nas Crónicas de Indias, en Cabeza de Vaca e incluso Salvador de Madariaga.

A novela transcorre nos séculos XVI e XVII nunha cidade colonial española, que agora é León Viejo e onde residiu o virrei Pedro Arias Dávila ou Pedrairas Dávila, coetáneo de Cortés, Pizarro e Hernández de Córdoba, un dos fundadores de Nicaragua.

SINOPSE

Un profesor de universidade especialista en Urbanismo Colonial, decepcionado co escaso horizonte de crecemento intelectual que lle ofrece a súa situación, recibe unha mensaxe inesperada, unha invitación a colaborar nunhas excavacións que se van realizar sobre os restos dunha cidade enterrada baixo a lava e a cinza do volcán Momotombo na actual Nicaragua. Esta oportunidade bríndalle ao profesor unha ocasión única: analizar sobre o terreo os posibles restos dunha das primeiras cidades coloniais en estado orixinal; unha Pompeia do Novo Mundo.

Investigando sobre a época en que se sucedeu a catástrofe en 1686, o profesor tropeza cun feito de armas de gran trascendencia para o porvir do Imperio Español. A primeira revolución, golpe de estado no Novo Mundo, contra os intereses da Coroa. Os irmáns Contreras, netos do gobernador Pedrarias Ávila, intentando facerse cos tesouros que cruzaban o istmo desde o Pacífico a Portobello no Atlántico, estaban abrindo a porta á piratería europea que ía  fustrigar a España durante tres séculos.

ARTURO FRANCO TABOADA. Doutor arquitecto pola Universidade de Santiago de Compostela pola súa tese Cum Laude titulada a "Evolución de los espacios públicos europeos". Mentres estuda a carreira, fai cerámica, deseña mobles, xoias de bisutería e exerce de "negro" para algúns encargos.

É Profesor Titular de Universidade de Análise de Formas Arquitectónicas da ETSA da Coruña. Como arquitecto conseguiu entre outros o Premio internacional Puente de Alcántara pola súa obra do Centro de Control de Túneles de Piedrafita do Cebreiro, e o X Premio Galicia de Arquitectura en 2002.

Foi finalista do Premio Planeta en 1993 coa súa primeira novela "El legado del obispo nigromante". É autor ademais de "Los orígenes de Compostela" e "La catedral del fin del mundo" da Editorial Antilia, así como de numerosos artigos para revistas especializadas, prensa, e relatos entre os que destaca "Kemal Bazin, el peregrino", publicada por Lobo Sapiens co título "Allá en el noroeste…".

Colaborador de ABC e de diversos periódicos nacionais. Algunhas personalidades da literatura española opinaron sobre a súa obra. Acerca de "El legado del obispo Nigromante", Gonzalo Torrente Ballester: "Está bien compuesta, bien ambientada y una cosa tira de la otra. Los personajes son un hallazgo". Antonio Pereira: "Bien entiendo a quien te honrara con su amistad, el maestro Torrente, cuando alaba tu obra, la del hombre que teje una ficción tan tocada de lirismo desde la exacta matemática del arquitecto".

07 Xuño 2012
Eventos