Presentación da novela “LA MADRE DEL FRÍO. Un caso de Xan Borrasca” de Miguel Salas
Trátase da primeira novela dun ciclo que ten como protagonista a Xan Borrasca, un heroe pouco convencional: hemipléjico, corentón, miedoso e detective do oculto cun escuro pasado.
A novela, ambientada na Costa ártabra (ría de Ferrol) onde os invernos non terminan nunca, móvese entre a novela negra, a fantasía e o terror. Unha combinación de xéneros que resultará atractiva para o lector. Novela dura, pero son sentido do humor que inclúe unha trama amorosa e elementos fantásticos.
A intención do autor é apostar por unha literatura popular sen deixar de lado o desenvolvemento dunha trama policíaca sólida, adictiva e sen cabos soltos.
MIGUEL SALAS DÍAZ foi profesor universitario en Italia, China e Taiwan. Publicou varios libros: dous poemarios (La luz, Premio de Arte Joven da Comunidade de Madrid) e Las almas nómadas, Premio Hiperión), un álbum infantil (Tonino), unha novela (Ni temeré las fieras, en Salto de Página) e unha recompilación sobre as súas columnas sobre Taiwán (Estación de Oriente, Edicións Castay).
Forma parte do persoal de colaboradores do podcast La escóbula de la brújula, un dos programas máis premiados e escoitados de España e Hispanoamérica, onde fala de literatura, tradicións e simboloxía.