Presentación da novela "O QUE FOI", de Juan Fariña

Eventos
04/11/2023
04/11/2023
11/04/2023

Presentación da novela "O QUE FOI", de Juan Fariña

A súa segunda obra céntrase na desaparición dos pobos que asolagaron o encoro de Belesar, tendo como protagonista a localidade de Portomarín.

A historia do que hoxe son tan só ruínas volve á vida da man do novelista Juan Fariña, que en "O que foi" recupera personaxes, diálogos e acentos daquelas casas, daqueles veciños, daquel tempo pasado que nestas páxinas regresa ao presenta a través dun fillo de galegos retornado á terra.

Con esta  novela o autor quere transmitir como a avaricia humana xera moito máis dano do beneficio que vai xerar. E ese beneficio non redunda en favor da sociedade xa que embalsar cincuenta quilómetros de río prexudicou gravemente á economía, historia e a unha sociedade que saltou polo aire. Juan Fariña considera que este foi un dos primeiros motivos que que levaron á xente do rural a abandonar os seus pobos de forma masiva.

JUAN FARIÑA (Bergondo, 1973) é diplomado en Graduado Social pola Universidade da Coruña. Publicou a súa primeira novela "As Cartas de Abel" no ano 2020.

11 Abril 2023
Eventos
Imaxes