Presentación da novela "OCHO PERROS", de Manuel Orío
No acto de presentación, o autor estará acompañado polo economista, Miguel Marías; polo xornalista, Raúl Santidrián; e polo editor, Xabier Romero.
Despois do éxito do seu primeiro traballo, "Al servicio del rey Carlos", o autor cambia de rexistro para contar unha historia turbadora e sombría ambientada en Vigo no ano 1983, que nos conta as aventuras de Gonzalo Calderón, un xornalista treinteañero, director dun xornal recentemente creado, con múltiples problemas persoais e profesionais, ao cal lle aparece a posibilidade de investigar unha noticia baseada nas atrocidades cometidas por unha organización criminal que se lucra das debilidades da condición humana.
Manuel Orío (Madrid, 1947) dedicou a súa vida ao xornalismo. Foi redactor xefe do xornal vigués El Pueblo Gallego e contribuíu decisivamente á fundación do diario Atlántico do que foi redactor xefe, subdirector e director.