Presentación da obra "Vida de Rosalía de Castro", de Mª Luisa Maillard

Eventos
06/05/2025
06/05/2025
05/06/2025 - 05/06/2025

Presentación da obra "Vida de Rosalía de Castro", de Mª Luisa Maillard

"Rosalía de Castro foi unha muller valente, consciente da marxinación da muller na súa época, e que, coa súa obra poética, desbrozou o camiño da poesía contemporánea", así describe Mª Luisa Maillard á poeta de Padrón no seu novo libro Vida de Rosalía de Castro. O último traballo de María Luisa Maillard recolle a vida e obra dunha das escritoras máis importantes das letras galegas, fai un repaso polo seu traballo literario, e afonda na contorna e xuventude da poeta.

A Casa de Galicia acollerá a presentación desta obra o xoves, 5 de xuño, ás 19:30 h, na sala Emilia Pardo Bazán. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

05 Xuño 2025
-
Eventos
Sala
Sala Emilia Pardo Bazán
Imaxes