Presentación da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia'

Eventos
02/27/2025
02/27/2025
27/02/2025

Presentación da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia'

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia', unha produción da Televisión de Galicia dirixida por Valentín Carrera. A serie, que contou con tres semanas de rodaxe en Australia e unha en Galicia, está composta por catro capítulos nos que se narra a vida deste misioneiro galego.

A presentación estará presidida polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos e terá lugar o xoves 27 de febreiro ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.

27 Febreiro 2025
Eventos
Imaxes