21/05/2024
Presentación da XI Edición do FESTIVAL BAL Y GAY
Este ano o Festival contará con 12 magníficos concertos, que terán lugar entre o 8 e o 23 de agosto de 2024 nalgúns dos lugares máis especiais da Mariña Lucense.
O festival converteuse nunha referencia cultural de toda Galicia, encomiado por público e prensa grazas á súa coidada programación e a calidade de todos os eventos ofrecidos. É un vehículo imprescindible para a democratización cultural que permite achegar propostas de excelencia a zonas rurais con difícil accesibilidade a este tipo de ciclos.
21 Maio 2024
Eventos
Participantes
Enrique Rodríguez Baixeras, presidente da Fundación Xesús Bal y Gay.
Sonia Mulero, directora da Fundación Banco Sabadell.
Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Alba Rodríguez, directora do Festival Bal y Gay.