Presentación do CD de música de cámara, de RUBÉN L. SOMESO

Eventos
02/13/2012
02/13/2012
13/02/2012

Presentación do CD de música de cámara, de RUBÉN L. SOMESO

-

O luns, 13 de febreiro, ás 20:00 horas, preséntase o CD de música de cámara “ORQUESTA DE CUERDA, PIANO Y CLARINETE BAJO”, do compositor arteixán, Rubén L. Someso.

Trátase do primeiro disco do compositor, distribuído pola compañía iTinerant Record.

Este material discográfico presenta seis obras compostas entre os anos 2002 e 2010 entre as que se encontran tres obras para piano solo, unha obra para clarinete baixo solo, unha obra para piano e percusión, e unha obra para orquesta de corda. 

Os intérpretes da gravación foron: o pianista, JAVIER VÁZQUEZ GRELA; o clarinetista, JESÚS SÁNCHEZ MONTERO; o dúo de percusión e piano KLARIMBA; e a nova orquesta ECDA, dirixida por Manuel Tévar.

Este disco de música de cámara conta con textos da escritora e poetisa, Lucía Vilches.

Para coñecer máis información do compositor, Ruben L. Someso, pódese consultar a súa páxina web: www.rubensomeso.com.

 

13 Febreiro 2012
Eventos