10/06/2025 - 10/06/2025
Presentación do Ciclo de Concertos de Barcia de Mera
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do "Ciclo de Concertos de Barcia de Mera", un evento organizado pola Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Covelo. Este certame musical, que se desenvolve de abril a setembro, converte a igrexa parroquial de San Martiño de Barcia de Mera nun auditorio para grandes orquestras e artistas.
A presentación terá lugar o martes 10 de xuño ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
10 Xuño 2025
-
Eventos