Presentación do concerto homenaxe a Milladoiro

Eventos
10/16/2025
10/16/2025
16/10/2025 - 16/10/2025

Presentación do concerto homenaxe a Milladoiro

A Casa de Galicia en Madrid acollerá a presentación do concerto homenaxe a Milladoiro, que se celebrará o 15 de novembro no Teatro Monumental de Madrid, organizado pola Fundación DEARTE coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
O grupo Milladoiro celebra os seus 45 anos cun concerto no que repasarán algunhas das pezas máis emblemáticas do seu repertorio.  A súa proposta combina instrumentos ancestrais, composicións propias e melodías de raíz, cunha sensibilidade artística que emociona a xeracións enteiras.

16 Outubro 2025
-
Eventos
Sala
Salas Emilia Pardo Bazán
Imaxes