19/06/2019
Presentación do concurso express de curtametraxes "Valdeorras: denominación de cinema", da produtora Sintelobos
-
Este concurso, patrocinado pola Denominación de Orixe de Valdeorras, pretende converter durante unha semana a comarca de Valdeorras nun estudio de cinema, onde os equipos realizarán unha curtametraxe completa nun prazo de 5 días.
Púidose comprobar que a comarca de Valdeorras é un estudio con moitísimas posibilidades para levar a cabo unha produción audiovisual. Isto débese á riqueza de recursos dos que dispón a zona.
Por este motivo naceu a idea de realizar un concurso nacional de curtametraxes, onde se rodará no prazo de 5 días en toda a comarca, entre o 26 de agosto e o 1 de setembro.
O requisito indispensable para que a curtametraxe sexa aceptada no concurso é gravar nalgunha das localizacións propostas pola organización.
19 Xuño 2019
Eventos