Presentación do "EVENTO CULTURAL HISTÓRICO RIBADEO INDIANO", polo Concello de Ribadeo, en colaboración con ACISA
O acto de presentación contará coa asistencia do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; a concelleira delegada, Ana María Martínez; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Miguel Iriarte Quintana, entre outras personalidades.
A emigración deixou en Ribadeo unha profunda e visible pegada, palpable por todas as partes: no urbanismo, a innovación empresarial, a transformación agraria, a educación, a cultura, a música, o asociacionismo, a promoción social
Por iso, desde hai cinco anos, o Concello de Ribadeo en colaboración con ACISA vén organizando esa celebración cultural e festiva que ten tres grandes obxectivos: poñer en valor o noso rico legado emigrante; celebrar valores como a integración, a solidariedade, a concordia ou a interculturalidade; e contribuír a que os países de acollida non sexan só lugares onde repouse boa parte da memoria de Galicia senón tamén territorios de futuro, prósperos e útiles para todos/as a través do mutuo intercambio e coñecemento.
Conscientes, de que este evento se está a converter nun referente a nivel galego, sendo así, un dos eventos culturais máis relevantes do país en canto a representatividade histórica deste período modernista.
E chegados este momento, e necesario dar un paso máis e promocionar o Ribadeo Indiano a nivel internacional.
Durante o acto darase a coñecer a nivel internacional o Ribadeo Indiano, así como o seu vídeo promocional para este ano 2019. A presentación poderá seguirse en streaming a traves da páxina de Facebook do Ribadeo Indiano.
O acto pecharase cunha mostra gastronómica a cargo de restaurantes da localidade que foron premiados no Ribadeo de Tapeo 2018: o Restaurante O Piano co premio do público e El Oviedo un dos gañadores do premio do xurado profesional, amenizado cunha actuación musical a cargo da ribadense Carme Rodríguez.