Presentación do evento "Romaxe viquinga 2018", polo concello do Vicedo (Lugo)
Durante o acto presentarase a programación da "Romaxe Viquinga 2018", proxectarase o vídeo promocional con imaxes da pasada edición e "Queiman e Pousa" actuará en directo con varias cancións do seu espectáculo.
Intervirán nesta presentación José Jesús Novo Martínez, alcalde-presidente do Concello do Vicedo; José Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo e "Queiman e Pousa", en representación da parte artística do evento.
A Romaxe Viquinga do Vicedo (Lugo), que cumpre xa a súa terceira edición, celebrarase este ano os días 27 e 28 de xullo na praia de Area Grande (San Román) como principal escenario.
Comezou a celebrarse no ano 2016, despois do descubrimento en 2014 dun posible asentamento viquingo en Os Moutillós, na contorna da praia de Area Grande.
As prospeccións arqueolóxicas apuntaron nese momento cara á confirmación destas características típicas dos asentamentos nórdicos.
Desde ese momento e con intención de potenciar esta característica única que tiña lugar no concello de O Vicedo, comeza a celebrarse unha festa de ambientación viquinga coa intención de dar difusión a esta singularidade e servir como foco de atracción que axudase a potenciar o impacto turístico do Vicedo e a súa repercusión no atractivo turístico da zona.
O programa será moi completo e optimizado e contará cun torneo medieval, espectáculos de lume, enterramento e voda viquinga. Este ano foi escollido de pregoeiro o actor Antonio Durán Morris.