Presentación do libro 'Ardentía 1854' de María D. López-Menéndez
'Ardentía 1854', da escritora coruñesa María D. López-Menéndez chega á Casa de Galicia en Madrid. A obra conta a historia de Dolores Seonae, unha xoven de 17 anos que ve como o seu mundo se derriba a noite de San Xoan. Unha viaxe improvisada ata a Virxe dos Dolores leva á protagonista a atopar uns libros moi antigos. Qué ocultan esas obras e quén as deixaría alí? É só unha das moitas preguntas que Dolores terá que resolver ao longo da obra.
A presentación da obra será o luns 24 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.