Presentación do libro "ARRIEIROS SOMOS", de Rubén Riós
O autor estará acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
Neste libro aparecen os 12 protagonistas da primeira tempada da súa webserie homónima, todos eles persoas maiores do rural con vidas inspiradoras, como a da arzuá Cecilia Camiño (a de Manoliño), a do santiagués Cándido Pazos, ou a de Pilucha e Juan da taberna Ou Piolo (en Gonte, Negreira). A publicación é unha homenaxe ás mentes creativas e nela trata de trasladar todo o que sentiu ao entrar nestes fogares, dando voz á experiencia e deténdose nos valores que neles transmítense.
RUBÉN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ (Riós, 1980). Actor, director, produtor, ideólogo e activista social, coñecido artisticamente como Rubén Riós, tras cursar Arte Dramática en Vigo, traballou como actor en series de televisión como Libro de familia, Matalobos, Piratas, Urxencia cero e Auga seca, e no cinema en títulos como Pradolongo e Vilamor.
En 2007 crea a produtora Claqueta Coqueta, coa que dirixe curtametraxes como "Adeus Edrada" e "Coser e Cantar" (galardoados cos Premios Mestre Mateo 2008 e 2010), entre outras. En 2013, por mor do curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", crea o método, pioneiro a nivel europeo, MÁIS CA VIDA RR, que utiliza o cinema como ferramenta de inclusión social e laboral para colectivos vulnerables, proxecto que mereceu o Premio PrixCircom.