Presentación do libro "CANTARES GALLEGOS, HOXE-Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro", de María Pilar García Negro, publicado por Alvarellos Editora
Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea.
MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO (Lugo, 1853) é profesora da Universidade da Coruña. Ensino, cultura, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional. Leva publicados trece libros e numerosos artigos en medios de comunicación e revistas especializadas. A obra que presenta é o seu terceiro ensaio sobre Rosalía de Castro. Os anteriores foron: Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (2006) e O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010), XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco.
No acto de presentación participarán a autora e profesora María Pilar García Negro, a catedrática e investigadora Helena Veiguela, presidenta da Asociación de Mulleres Galegas Rosalía de Castro; e o editor, Henrique Alvarellos.