Presentación do libro "CUENTOS NUEVOS DE MONDARIZ. Amor, humor, terror y otras historias", de María López-Herranz
“Cuentos Nuevos de Mondariz”, con ilustracións de Alberto Munín, é o terceiro libro da autora, experta en comunicación e liderado, cunha traxectoria directiva de máis de 20 anos en distintas organizacións.
Estará acompañada no acto de presentación por Isabel Noriega, xerente de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid).
Editado polo Club de la Niebla, o libro está composto por dez contos que son unha sincera homenaxe por parte da autora a Mondariz-Balneario e ás súas xentes. Os contos son froito dun exercicio de escoita activa, fascinación, imaxinación e moito agarimo por parte da autora. Todos eles teñen en común que están inspirados en persoas, imaxinarias ou reais, que habitan ou habitaron a "Moi Hospitalaria Villa", título concedido por Alfonso XIII a Mondariz-Balneario e anécdotas reais sucedidas neste lugar. Estas anécdotas pasaron a formar parte da súa vida, da súa maneira de entender o mundo e provocaron nela un desexo de crear outros relatos, novas historias que dalgún modo sirvan para perpetuar tamén as anteriores.
Temas como o amor, o humor e o terror definen as historias, nas que están presentes conceptos e costumes moi galegos, como a retranca, a comida ou o viño.