Presentación do libro de aforismos "CONTINUIDADE DO CEO", de Ricardo Martínez-Conde

Eventos
05/27/2024
05/27/2024
27/05/2024

Presentación do libro de aforismos "CONTINUIDADE DO CEO", de Ricardo Martínez-Conde

Este libro é unha homenaxe ao profesor Anxo Tarrío.

Neste libro, o autor advirte ao lector de que se trata dun texto moi denso que non concede nada ao que se ofrece habitualmente nos textos convencionais. Debe, pois, estar preparado para exercitarse na interpretación poética con máis intensidade do que adoita aplicar a calquera texto literario.

"Continuidade do ceo", é o novo texto aforístico-poético de Ricardo Martínez-Conde. Realizou os estudos de Filosofía e Letras nas universidades da Lagoa, Valladolid e Complutense de Madrid, onde cursou o Doutoramento especializándose na relación Historia-Literatura. A súa obra como escritor é bilingüe, publicando tanto en galego como en castelán. Como ensaísta e crítico literario colaborou tanto en prensa (La Voz de Galicia, El País) como en revistas especializadas (Clarín, Revista de Occidente). 

Cultivou distintos xéneros como autor.

En poesía podemos citar: "Lento esvaece ou tempo" (Milladoiro, 1990), "Los argumentos de la tarde" (A.G., 1991), "De cuanto nos es dado" (Calima, 2006), "Na terra desluada" (Espiral Maior, 2009).

A súa obra "Orballo nas camelias" pasa por ser a primeira obra de Haikus na literatura galega.

En prosa publicou varios libros de aforismos: "Debullar" (Galaxia, 1996), "Cuentas del tiempo" (Pre-textos, 2004), "Alusión al paisaxe" (Calima, 2006), "Ecos da néboa" (Trifolium, 2112).

É autor, así mesmo, do libro de relatos "La luz en el cristal" (Calima, 2011).

Obtivo o premio Benasque de poesía, Diploma de honra no concurso internacional de Relatos breves 'Jorge Luis Borges', e en 1997 foille outorgado o premio Reimóndez Portela de xornalismo.

 

27 Maio 2024
Eventos
Participantes
Vicente Araguas, crítico literario
Ricardo Martínez-Conde, autor do libro
Imaxes