Presentación do libro de JOSÉ LUIS PARDO CAEIRO: "Santiago de Compostela. Un Camino de Estrellas a la Eternidad", editado por Espacio Cultura

Eventos
04/18/2013
04/18/2013
18/04/2013

Presentación do libro de JOSÉ LUIS PARDO CAEIRO: "Santiago de Compostela. Un Camino de Estrellas a la Eternidad", editado por Espacio Cultura

-

Un libro exquisito, ben editado, aparentemente sinxelo, de gran dimensión espiritual, contruído sobre unha base de erudición ben asentada e enriquecido cunha fermosa serie de suxestivas fotografías nocturnas de Santiago de Compostela, un complemento visual extraordinario que redondea esta obra. Un libro dirixido máis ao corazón que ao intelecto.

"Santiago de Compostela. Un Camino de Estrellas a la Eternidad", editado por Espacio Cultura e con prólogo de Juan Granados, narra a peripecia espazo temporal dunha viaxe astral, o do fantasma ou a "sombra" como o chamaban poeticamente os antigos, seguindo o cortejo astral, o camiño de estrelas ata Santiago. No é, pois, un mero exercicio de memoria histórica.

É un libro que posúe un profundo compoñente esotérico, ocultista, alquímico, iniciático, ligado á tradición masónica que tanto embeleceu a catedral compostelá e a arte sagrada do Cristianismo. O autor conta unha aventura metafísica que non deixa de ser unha viaxe como o que describe a liturxia do compañeiro masón a través da Filosofía, a Arte, as ciencias e o coñecemento como prólogo cara á alma humana. Ata coñecer a estrela, a dimensión sagrada da divinidade no home, polo de atracción e búsqueda: o campo da estrela, Compostela.

Descubrirase, a través da súa lectura, a profundidade dos labirintos do pensamento do autor, filosofía de vida tan entretida como pertinente e necesaria. Esta literatura complétase con imaxes nocturnas, a revelación dunha Compostela ignota, vacía de habitantes e plena de significación. Imaxes tomadas con frío, vixilia e moito trabajo.

18 Abril 2013
Eventos