Presentación do libro de Manuel Lage 'Barreiros. Historia completa'

Eventos
01/16/2025
01/16/2025
16/01/2025

Presentación do libro de Manuel Lage 'Barreiros. Historia completa'

Na obra "Barreiros. Historia completa", Manuel Lage fai un amplo e detallado percorrido da vida de Eduardo Berreiros, desde o comezo do seu traballo ata o seu pasamento no ano 1992. Un total de 370 páxinas e 660 fotografías amosan a historia da empresa automobilística ourensana. O libro está editado pola Fundación Jorge Jove e a Deputación de Ourense.

A presentación terá lugar o xoves 16 de xaneiro ás 19:30 horas na Sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade. 

Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.

16 Xaneiro 2025
Eventos
Imaxes