Presentación do libro "DEJADME MARCHAR", de Begoña Peñamaría Marcos, publicado por InÉditor
Este relato é unha homenaxe da autora ao seu irmán Sergio, falecido por un cancro fulminante aos 33 anos. Co relato desa dura experiencia, Begoña Peñamaría pretende manter vivo o seu recordo e, ao mesmo tempo, transmitir unha mensaxe de amor e esperanza para aquelas familias que pasan por un trance similar.
No acto de presentación intervirán, ademais da autora, D. José Manuel Otero Lastres, catedrático de Dereito Mercantil, avogado e escritor; e D. Gonzalo López Torres, editor e responsable do selo InÉditor.
A deseñadora coruñesa Begoña Peñamaría decidiu contar a historia do seu irmán Sergio que, con só 33 anos, faleceu a causa dun cancro de estómago.
Trátase dunha homenaxe e un recoñecemento á loita con pouca esperanza que emprendeu Sergio.
O libro está cheo de mensaxes positivas e converteuse nun "manual de meditación" para valorar o que é realmente importante. Considera que a historia do seu irmán ten que ver coa fe e coa esperanza necesarias para aprender a vivir.
Begoña Peñamaría Marcos procede do mundo do deseño de moda. Traballa como directora creativa na firma de moda nupcial que fundou en 1995. A súa vocación creativa orientouna cara á literatura colaborando en distintos talleres de creación literaria e varias publicacións.