Presentación do libro, editado pola Asociación Matritense de Mujeres Universitarias, VIDA DE EMILIA PARDO BAZÁN, de Inés Alberdi
Emilia Pardo Bazán non foi só unha das máximas representantes do realismo e naturalismo literario español; tamén foi pioneira na defensa dos dereitos da muller e, de forma especial, do seu dereito á educación. O libro está prologado polo escritor Manuel Rivas. O acto contará coa intervención da senadora Carmen Alborch.
Este libro achéganos á vida de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921), unha das mulleres máis orixinais e famosas da España do século XIX.
A fama de Pardo Bazán foi asentándose en diferentes aspectos da súa vida e da súa obra. Ao longo do século XX deuse a coñecer sobre todo polas súas novelas, que a sinalaron como unha escritora orixinal e innovadora que introduciu nas letras españolas o naturalismo.
Sen embargo, a faceta de Pardo Bazán que cobra actualmente unha importancia especial, polo que supón de adiantarse aos cambios sociais que se impuxeron na sociedade española, é que é unha abandeirada dos dereitos das mulleres e dedícase toda a súa vida a defendelos. Emilia Pardo Bazán cre que a educación é a clave da emancipación feminina e dedica boa parte do seu traballo a promover a educación das mulleres, tanto escribindo sobre elas como a través da acción política, presionando ás institucións e aos gobernos para que abran escolas e universidades ás mulleres.
INÉS ALBERDI é catedrática de Socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. Estudou Ciencias Políticas e Económicas en Madrid e doutorouse en Socioloxía en 1978. Traballou coas Nacións Unidas como Directora Executiva de UNIFEM, o Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para a Muller. Publicou libros, artigos e deu conferencias en España, Europa e Estados Unidos, sobre temas relacionados coa familia, a educación e a situación social das mulleres. Desde o comezo da súa actividade profesional vinculouse a grupos feministas e organizacións que traballan pola defensa dos dereitos das mulleres.
No acto de presentación do libro intervirán, ademais da autora, a senadora Carmen Alborch; e María Luisa Maillard, de Eila Editores.