Presentación do libro 'El camino de Santiago. El libro olvidado de 1965, de Álvaro Cunqueiro'

Eventos
02/18/2025
02/18/2025
18/02/2025

Presentación do libro 'El camino de Santiago. El libro olvidado de 1965, de Álvaro Cunqueiro'

A editorial Alvarellos presenta, na Casa de Galicia en Madrid, a obra 'El camino de Santiago. El libro olvidado de 1965, de Álvaro Cunqueiro'. Trátase dunha guía orixinal do Camiño Francés que Cunquiero escribiu e publicou en 1965 e que nunca máis fora publicada ata hoxe. 

Na presentación da obra intervirán o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o editor da obra Henrique Alvarellos e autora do estudo introdutorio, María Xesús Nogueiras.

O acto terá lugar o martes 18 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.

Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.

18 Febreiro 2025
Eventos
Imaxes