Presentación do libro "EL CHEVROLET DE PESSOA", de Ramón Reboiras
O acto comezará cun recital de Marta Barriuso do poema de Fernando Pessoa Ao volante do Chevrolet pola estrada de Sintra e será clausurado cunha interpretación do cantante galego, Javier Lago.
Os versos de Pessoa, “Na estrada de Sintra, cada vez máis preto de Sintra. Na estrada de Sintra, cada vez menos preto de min”, serven de fío condutor o autor para narrar unha vida que se extingue. Son episodios dunha existencia relatados con humor e compañeirismo onde non se esquece á familia.
RAMÓN REBOIRAS (San Xián de Laíño, Dodro, 1961) é escritor e xornalista. Foi xefe de sección de cultura no diario "El Independiente", redactor xefe das revistas "Cinemanía" e "Rolling Stone", subdirector de "Esquire" e "Harpers Bazaar" e director cultural de FNAC España. Desde 2017 dirixe a redacción de "TintaLibre".
Publicou novelas como El día de los enamorados e Hazlo por mí, Visita a un extraño e poemarios como El resto del mundo e Providencia de apremio e , en galego, Shakespeare mata ou porco cunha rosa.