Presentación do libro: "El llanero solidario. Verdades ignoradas sobre Luis Herrera Campíns y su tiempo", de Ramón Guillermo Aveledo.
No acto intervirán o autor do libro e D. José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado, acompañados por D. José Santiago Camba Bouzas, secretario xeral da Emigración.
Venezuela foi unha das democracias máis antigas e estables de Iberoamérica e desembocou nunha crise longa, unha de cuxas manifestacións máis sonoras foron os trece anos de goberno de Hugo Chávez e o autodenominado “socialismo do século XXI”.
Luis Herrera Campíns (Acarigua, 1925-Caracas, 2007) foi presidente de Venezuela entre 1979 e 1984. Típico e atípico, elocuente e silencioso, renovador ata a audacia e tamén conservador, ortodoxo e aberto, sinxelo e sofisticado, conservou ata o final dos seus días un certo carácter enigmático de adiviña sen resolver.
Herrera Campíns presidiu a República sudamericana durante os anos duros da crise do modelo fundado no rentismo petroleiro, do cal foi crítico aberto.
En “El Llanero Solidario. Verdades Ignoradas sobre Luis Herrera Campíns y su tiempo”, repasa a vida do gobernante e o medio século venezolano do cal foi protagonista. O autor Ramón Guillermo Aveledo, político, profesor universitario, escritor cuxas obras están entre as máis vendidas de Venezuela nos últimos anos, é o que, ademais de estudalo, coñeceuno moi de cerca, pois foi o seu secretario privado durante más de catro anos da súa presidencia.
Preso e expulsado de Venezuela pola dictadura de Pérez Jiménez en 1952, Herrera Campíns culminou os seus estudos de Dereito en Santiago de Compostela e viviu exiliado en Roma, Londres e Munich. Ao seu regreso a Venezuela, unha vez caído o réxime militarista, foi deputado, senador e electo presidente da República en 1978. Moi activo internacionalmente, Herrera foi secretario xeral da Organización Demócrata Cristiana. O Acordo de San José para a cooperación petroleira con nacións de América Latina e o Caribe, o Grupo Contadora para a paz en América Central formaron parte da “diplomacia de proxección” que adiantou, para promover a democracia, os dereitos humanos e a paz.
RAMÓN GUILLERMO AVELEDO é avogado e Doutor en Ciencias Políticas. Profesor de Postgrado na Universidade Metropolitana, onde foi coordinador da Especialización en Xerencia Pública, na Maestría en Dereito Constitucional da Universidade Católica Andrés Bello e na Especialización de Política e Dereito Internacional da UCV.
Autor de 22 libros de temas políticos, históricos e xurídicos e coautor de outros quince.
Os seus últimos títulos “La 4ª República. La virtud y el pecado” y “El Dictador. Anatomía de la Tiranía” estiveron entre os libros máis vendidos en Venezuela.
Columnista de prensa desde os quince anos. Deputado en tres períodos constitucionais, foi xefe da fracción parlamentaria socialcristiá no Congreso e dúas veces presidente da Cámara de Deputados.
Secretario Privado do presidente da República, Luis Herrera Campíns, presidente de Venezolana de Televisión e directivo de empresas públicas e privadas. Entre 2001 e 2007 foi presidente da Liga Venezolana de Beisbol Profesional. Desde 2009 coordina, como secretario executivo, a Mesa da Unidade Democrática.