Presentación do libro "EL MÉTODO AVIÓN", de Alberto Dacasa
"El método Avión" mostra nos seus trece apaixonantes escalas as claves da riqueza e do éxito persoal. De forma sinxela e accesible, ensina como conseguir algo máis que a liberdade financeira: gozar dunha vida extraordinaria.
No acto de presentación o escritor estará acompañado polo alcalde de Avión, Antonio Montero; o pai Ángel, fundador de Mensaxeiros da Paz; e a xornalista, Irene Villa.
Este fenómeno millonario logrou que os habitantes de Avión, un pequeno concello do norte de España, transformasen o seu lugar de orixe nun dos lugares máis ricos de Europa. Este libro transmite a súa sabedoría práctica, para que calquera, do mesmo xeito que eles, poida conquistar os seus soños.
Este libro é todo un manual que ofrece consellos de superación comercial; consellos que puxeron en práctica miles de emigrantes que, por carecer de estudos básicos, soamente guiábanse tanto polo sentido común como polo olfacto mercantil.
Alberto Dacasa coñeceu o verdadeiro significado de emprender aos trece anos, cando durante as súas vacacións de verán decidiu vender doces e lambetadas a beiras dun río, mentres que os demais nenos xogaban na auga.
Instruíuse en México, España e Estados Unidos, aínda que non foi un bo estudante. O seu primeiro emprego foi nun hotel da Cidade de México; comezou no posto máis baixo e escalou ata converterse no xerente do lugar. Despois deu o salto ao negocio familiar, traballou en todas as áreas e con tan só 21 anos alcanzou a dirección, logrando abrir novas sucursais e baixo a súa administración o grupo creceu un 600%. Actualmente lidera os seus propios proxectos.
Con "O método Avión" o autor pretende cambiar vidas e mostrar aos futuros emprendedores que o éxito é continuar co que xa funciona; ter paixón, actitude, constancia, non renderse nunca ante as adversidades e entender que hai que dar antes que recibir.