Presentación do libro "EL SABOR AMARGO DE LA FRUTA MADURA", de Francisco Javier Neira Pampín, editado por Galicia Digital

Eventos
01/30/2017
01/30/2017
30/01/2017

Presentación do libro "EL SABOR AMARGO DE LA FRUTA MADURA", de Francisco Javier Neira Pampín, editado por Galicia Digital

-

Con esta nova obra narrativa -tras a publicación de "El quijote de madera"- Neira Pampín dá un paso máis nunha firme carreira literaria, que contrasta coa súa brillante traxectoria médica e completa a súa intensa actividade artística e literaria.

Intervirá no acto de presentación, ademais do autor, o xornalista Xulio Xiz.

"El sabor amargo de la fruta madura" impactará ao lector. Nada humano é alleo a esta vigorosa visión da sociedade, con especial incidencia nos mundos da medicina e da universidade. A lectura deste libro -os sentimentos dos seus personaxes, a vida que latexa nas súas páxinas- non dará un momento de tregua ao lector.

Que levou a Alejandro -froita madura- a pasar os últimos momentos da súa vida na residencia de anciáns, na maior indixencia, cando na súa vida profesional conseguira todo o que unha persoa pode desexar? O certo é que nunca o tivo todo. Sempre lle faltou algo esencial. E, ao final, só lle queda o amargor da derrota suprema. 

FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN naceu en Santiago de Compostela en 1953. Licenciado en Medicina e Cirurxía, desenvolveu o seu labor profesional como especialista en Urología na cidade de Lugo.

Á súa primeira composición poética "Vaite baixo" e a súa posterior novela "El quijote de madera", engade agora esta segunda obra, "El sabor amargo de la fruta madura".

30 Xaneiro 2017
Eventos
Imaxes