20/05/2025 - 20/05/2025
Presentación do libro "El secreto de la perfección", de Lola Fernández
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da última novela de Lola Fernández, El secreto de la perfección. Con este traballo, a autora pretende trasladar ao lector á Galicia dos anos vinte. Ambientada nunha vella conserveira de Bueu, a protagonista desta historia coñecerá a Elvira Fandiño, unha das primeiras mulleres traballadoras de "La Perfección", e descubrirá a conexión que as une.
A presentación terá lugar o martes, 20 de maio, ás 19:30 h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
20 Maio 2025
-
Eventos
Sala
Sala Emilia Pardo Bazán